Un idioma preciso

Pasa a folla

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Mércores, 24 de febreiro de 2021

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

O gaélico irlandés e o gaélico escocés son as linguas tradicionais de Irlanda e Escocia, e gozan dunha saúde precaria. Porén, comezan a darse pasos para mellorar a súa situación: o novo acordo entre os gobernos de Irlanda e Gran Bretaña, apoiada por unionistas e Sinn Féin, augura grandes avances para a oficialización da lingua irlandesa nos seis condados do norte baixo soberanía británica. E nas Hébridas Exteriores, de Escocia, os nenos serán inscritos por defecto no sistema de educación en lingua gaélica a non ser que os pais e nais opten explicitamente porque o sexa en inglés. Ata agora era xustamente o contrario, cando as Hébridas Exteriores teñen a maior proporción de gaélico-falantes (52%).


icono de ABAIXO

Calquera vulneración de dereitos é, de seu,  inxusta, pero se a persoa maltratada é un neno, ademais é indignante. Unha pediatra do Hospital Álvaro Cunqueiro pediulle a un rapaz de sete anos que cambiase de lingua, que non o entendía. É indignante porque o fixo de malas maneiras. É indignante que unha persoa se vexa obrigada a prescindir da súa lingua, que non é unha lingua calquera, senón a propia e oficial dese territorio, porque un empregado público non a entende. É indignante porque non se establece o requisito de, sequera, entender o galego para as súas contratacións de persoal sanitario, precisamente para evitar situacións coma esta. É indignante porque non se fomenta a sensibilidade polos dereitos lingüísticos nin conciencia de que dirixirse á paciente no seu propio idioma ten implicacións no acto médico.

Calendario

« Feb, 2021 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

As linguas da docencia da USC

O uso das linguas na docencia global de todas as titulacións da USC deste curso 2020-2021 pode describirse, redondeando, con tres cifras: 74-22-4.

Luns, 22 de febreiro de 2021

As vacinas, en 125 termos esenciais

O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de publicar ‘Termos esenciais de vacinas’, unha listaxe de 125 denominacións en galego de bUSCatermos que describen conceptos relacionados cos antíxenos, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización.

Luns, 22 de febreiro de 2021

A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?

Este galardón recoñece o esforzo a prol do uso da lingua galega na Universidade e leva o nome do profesor de Dereito Civil que  pronunciou a primeira lección en galego da USC.

Venres, 19 de febreiro de 2021

Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas

O Curso de Habilidades Comunicativas é unha actividade formativa telepresencial cuxo obxectivo é mellorar as competencias comunicativas para a elaboración e defensa de traballos académicos, TFG, TFM e teses. A convocatoria dos cursos do segundo cuadrimestre suscitou un grande interese entre o alumnado.

Venres, 19 de febreiro de 2021

Suplemento de ciencias da saúde para o corrector ortográfico

O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta un novo suplemento temático para os correctores ortográficos de galego, o de Ciencias da Saúde, que se engade aos de Dereito, Matemáticas e Economía e Empresa. Con estes produtos derivados de bUSCatermos preténdese facilitar o uso do galego escrito na comunicación académica e científica destas disciplinas.

Xoves, 18 de febreiro de 2021

Vinte e catro novos Esenciais para apoiar o teu estudo

Documentos que che presentan de xeito claro e mesmo gráfico os conceptos máis importantes dunha materia ou de parte dela, elaborados polos seus propios docentes. Iso son os Esenciais USC, unha colección didáctica en galego para apoiar o teu estudo.

Xoves, 18 de febreiro de 2021

Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022

Tras ser aprobado polo Claustro do pasado 2 de decembro, a USC conta cun novo documento que guiará a política de normalización lingüística ata 2022. Axunta un total de vinte e sete accións repartidas nos eidos do goberno e a xestión, a docencia, a investigación e a proxección universitaria.

Xoves, 18 de febreiro de 2021

75-21-4

O uso das linguas oficiais na docencia de todas as titulacións da USC debuxa unha situación pouco equilibrada, que se resume, redondeando, en tres cifras: 75-21-4.

Venres, 31 de xaneiro de 2020

Linguas, departamentos e tipos de profesorado

Entre as diversas posibilidades que ofrece a debulla dos datos lingüísticos da docencia, a súa relación cos departamentos e as categorías do profesorado semellan claves para poder acabar de definir liñas de actuación.

Venres, 31 de xaneiro de 2020

Dezasete cursos pescudando datos lingüísticos

Podemos obter unha perspectiva bastante razoable sobre como evolucionou o uso das linguas na docencia da USC xa que contamos cos datos correspondentes a dezasete cursos, dende o 2003-2004.

Venres, 31 de xaneiro de 2020